martes, 24 de diciembre de 2013

BO NADAL!

Os nenos e nenas da clase dos tigres desexámosvos que pasedes unhas felices festas en compaña dos vosos seres queridos e que recibades o novo ano 2014 con moita ledicia e saúde.
MOITOS BICOS PARA TOD@S!



viernes, 13 de diciembre de 2013

ANIVERSARIO DE MATEO

O pasado martes celebramos o cumple de Mateo Santos que xa ten 4 aniños. Cantámoslle a canción do cumpreanos, sopramos as velas e degustamos un riquísimo biscoito caseiro. Moitas felicidades!

domingo, 8 de diciembre de 2013

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Xa chegou o Nadal á clase dos tigres! O mércores sacamos a nosa árbore e pouco a pouco comezamos a decorala cos adornos navideños. Como moitos xa somos expertos porque xa o colocaramos nas nosas casas non tivemos ningún problema e quedounos unha árbore chulísima. Mirade!

domingo, 24 de noviembre de 2013

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Neste mes tivemos as celebracións dos aniversarios de Constanza e Rubén que xa son un aniño máis grandes. Que cumplades moitos máis!

domingo, 3 de noviembre de 2013

MELLORES LECTORES DO MES DE NOVEMBRO

Este mes escollemos como mellores lectores a Ana e a Mateo Oróns pola súa implicación na colocación e organización dos contos da nosa biblioteca de aula. Noraboa!

jueves, 31 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Durante esta semana os tigres estivemos moi atarefados celebrando o Samaín, para iso realizamos diferentes actividades: maquillámonos para dar moito medo, fixemos unhas receitas terroríficas que resultaron estar riquísimas, contamos contos de mostruos, vimos algunhas pelis curtiñas de medo e por suposto, colocamos ás cabazas talladas que trouxemos da casa na entrada do noso edificio. Aquí tedes a mostra.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Mirade que ben o pasamos os tigres no magosto xogando á oca e comendo castañas. Foi un día moi divertido e tivemos moita sorte de que o tempo nos acompañara.

jueves, 17 de octubre de 2013

ACTIVIDADES DE PLÁSTICA

Aproveitando que estes días temos con nós á profe Belén, decidimos facer diferentes actividades plásticas coas que o pasamos xenial. Xa sabedes que todo o que sexa mancharnos, pintar con pincel ou empregando ás nosas mans encántanos. Mirade, mirade!

jueves, 3 de octubre de 2013

MELLORES LECTORES DO MES

Desde o equipo de biblioteca do centro proponse que cada mes se escollan nas aulas aos mellores lectores para fomentar o gusto pola lectura, o coidado da biblioteca e a motivación pola lectoescritura. No caso dos tigres, este mes escollemos a Mateo Santos e a Lara como mellores lectores polo seu interese.

martes, 1 de octubre de 2013

lunes, 30 de septiembre de 2013

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Este ano iniciamos as clases dun xeito totalmente diferente ao do curso pasado. Con moitas ganas de vernos, de xogar xuntos no patio e de contarnos como nos foi durante os meses de vacacións.
Xa estamos en 4 anos e a nosa aula vai ser a dos tigres de dentes de sable, dos cales iremos coñecendo algunhas cousas aproveitando que este curso imos traballar a prehistoria.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dos primeiros días do mes de setembro nos que tivemos tempo para un montón de cousas: facer o noso nome con plastilina, representar números co noso corpo, aprender as novas rutinas dos xefes e xefas da tribu...
Esperamos que as disfrutedes!

jueves, 26 de septiembre de 2013

BENVID@S

Ola amigos/as son Diego, un tigre de dentes de sable e veño xunto cos meus amigos Mamut e Dodo dunha época moi moi lonxana...... A PREHISTORIA. Co paso dos días no cole iredes coñecendo máis detidamente de que trata iso da prehistoria.

Polo de agora estarei moi atento a todas as cousiñas que ides facendo na escola, os vosos traballos, os xogos na aula e no patio e todo o que aprendedes e disfrutades xuntos.

Moitos bicos para tod@s e ata pronto!

Diego