lunes, 30 de septiembre de 2013

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Este ano iniciamos as clases dun xeito totalmente diferente ao do curso pasado. Con moitas ganas de vernos, de xogar xuntos no patio e de contarnos como nos foi durante os meses de vacacións.
Xa estamos en 4 anos e a nosa aula vai ser a dos tigres de dentes de sable, dos cales iremos coñecendo algunhas cousas aproveitando que este curso imos traballar a prehistoria.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dos primeiros días do mes de setembro nos que tivemos tempo para un montón de cousas: facer o noso nome con plastilina, representar números co noso corpo, aprender as novas rutinas dos xefes e xefas da tribu...
Esperamos que as disfrutedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario