jueves, 31 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Durante esta semana os tigres estivemos moi atarefados celebrando o Samaín, para iso realizamos diferentes actividades: maquillámonos para dar moito medo, fixemos unhas receitas terroríficas que resultaron estar riquísimas, contamos contos de mostruos, vimos algunhas pelis curtiñas de medo e por suposto, colocamos ás cabazas talladas que trouxemos da casa na entrada do noso edificio. Aquí tedes a mostra.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Mirade que ben o pasamos os tigres no magosto xogando á oca e comendo castañas. Foi un día moi divertido e tivemos moita sorte de que o tempo nos acompañara.

jueves, 17 de octubre de 2013

ACTIVIDADES DE PLÁSTICA

Aproveitando que estes días temos con nós á profe Belén, decidimos facer diferentes actividades plásticas coas que o pasamos xenial. Xa sabedes que todo o que sexa mancharnos, pintar con pincel ou empregando ás nosas mans encántanos. Mirade, mirade!

jueves, 3 de octubre de 2013

MELLORES LECTORES DO MES

Desde o equipo de biblioteca do centro proponse que cada mes se escollan nas aulas aos mellores lectores para fomentar o gusto pola lectura, o coidado da biblioteca e a motivación pola lectoescritura. No caso dos tigres, este mes escollemos a Mateo Santos e a Lara como mellores lectores polo seu interese.

martes, 1 de octubre de 2013