martes, 24 de diciembre de 2013

BO NADAL!

Os nenos e nenas da clase dos tigres desexámosvos que pasedes unhas felices festas en compaña dos vosos seres queridos e que recibades o novo ano 2014 con moita ledicia e saúde.
MOITOS BICOS PARA TOD@S!



viernes, 13 de diciembre de 2013

ANIVERSARIO DE MATEO

O pasado martes celebramos o cumple de Mateo Santos que xa ten 4 aniños. Cantámoslle a canción do cumpreanos, sopramos as velas e degustamos un riquísimo biscoito caseiro. Moitas felicidades!

domingo, 8 de diciembre de 2013

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Xa chegou o Nadal á clase dos tigres! O mércores sacamos a nosa árbore e pouco a pouco comezamos a decorala cos adornos navideños. Como moitos xa somos expertos porque xa o colocaramos nas nosas casas non tivemos ningún problema e quedounos unha árbore chulísima. Mirade!